Feeds RSS
Feeds RSS

lunes, 11 de junio de 2018

ESCAPE ROOM NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

O venres, 8 de xuño, o alumnado de maior idade do cole, tivo a ocasión de participar nunha actividade programada pola Biblioteca Municipal do Concello de Vilar de Barrio a través do Proxecto LER CONTA MOITO.
A actividade consistiu nun Escape Room, a través da cal o noso alumnado participou nunha serie de probas e acertixos sobre o libro de Alicia no país das marabillas. Literatura, tecnoloxía e moita intriga mexturáronse nesta actividade: A dinámica consistiu en liberar a Alicia dunha xaula a través da superación dunha serie de probas, escaneando códigos, interpretando e lendo mensaxes ocultos. A motivación e a cooperación estivo asegurada!!

















0 comentarios:

Publicar un comentario