Feeds RSS
Feeds RSS

martes, 24 de abril de 2018

SEMANA DO LIBRO

Ó AIRE... LIBROS!!


Recordando o éxito que tivera o curso pasado esta actividade, esta semana os libros da Biblioteca da Araña Maraña saen ó patio.Así todos e todas poderemos desfrutar da lectura ó aire libre. Ademáis, o noso laboratorio de radio está en marcha para que todos escoitemos a emisión dun programa especial de lectura do libro do  Principito por parte do alumnado do cole.


















lunes, 23 de abril de 2018

VÍDEO SOBRE A TRANSFORMACIÓN DE ESPAZOS NO COLE


Aquí tedes o vídeo que imos presentar en Madrid  no IV Encontro de profesores do Proxecto de “Samsung Smart School”.
Aproveitando que temos en marcha a nosa Radio Maraña, elaboramos un programa para dar a coñecer o proceso de transformación de espazos durante este curso escolar.



PRESENTACIÓN DO NOSO LOGO

Xa temos o logo de Radio Maraña, o laboratorio de radio na Biblioteca do cole.
A nosa compañeira Manu, a titora dos maiores do cole, é unha artista! Grazas.



XOAN BABARRO e ANA Mª FERNÁNDEZ VISITAN O NOSO COLE.

O venres, 13 de abril, tivemos a oportunidade de coñecer e desfrutar da compañía de dous escritores, Xoán Babarro e Ana Mª Fernández.


Xoán Babarro naceu en Calvelo (Zorelle - Maceda/Ourense). Estudou Maxisterio e é licenciado en Filosofía e Letras.Traballou moito pola introdución do galego na escola, e mais pola recuperación e defensa da lingua galega en Asturias, onde desenvolveu o labor docente ata 1971, data na que se trasladou a Galicia. É membro correspondente da Real Academia Galega desde 2002. No 2008, foi nomeado socio de honra da Nova Escola Galega. Está casado coa escritora Ana María Fernández.
Ana Mª Fernández  naceu en Palma de Mallorca, escritora recoñecida con premios literarios como, Premio Lazarillo de 2001.  Xuntos, preparon  os primeros libros de texto modernos para a aprendizaxe do galego.
As obras de ambos autores son recoñecidas con premios como
-          1º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho, no 1974, por Zoca, Zoqueira.
-          Gañadores do Concurso Nacional de Teatro Infantil O Facho, no 1983, con Ana María Fernández Martínez, por ¡Grande invento para saír do aburrimento!
-          ..entre outros.
Todos os pequenos puideron desfrutar da compañía da parella de escritores, escoitando algún poema.
Ademais, non perdemos a ocasión para facerlles unha entrevista na nosa Radio. A continuación podedes escoitala.

















jueves, 12 de abril de 2018

RADIO MARAÑA

O noso laboratorio de radio xa está en marcha!
No seguinte vídeo podedes ver cómo foi a creación e montaxe deste novo recuncho da Biblioteca do cole. Bo traballo equipo!!
Grazas a todos os que o fixeron posible!