Feeds RSS
Feeds RSS

viernes, 27 de octubre de 2017

Programa ó teu colega



A semana pasada realizamos unha actividade de programación "desenchufada". Seguindo a proposta que nos fixeron desde curso de escornabots, intentamos enseñarlle ós nosos pequenos, os fundamentos da programación dun xeito físico, sen robots e sen ordenadores; mais ben,  convertímolos a eles en robots e programadores. A idea orixinal é de Dr. Techniko, que consiste en facer que os nenos empreguen e  creen linguaxes de programación sen usar máis que un papel, lápis e un espazo para moverse con diferentes obxectos.


Os nen@s pasárono moi ben. Aquí tedes un resumo:





Móvete pola Biblioteca, Xogando e pensando cos escornabots

Para esta actividade creamos un mapa da nosa biblioteca, e plantexamos unha serie de retos para que os nosos alumnos descifraran a través duns códigos QR. Os retos consistían en mover o escornabot nun plano da biblioteca, a través do cal tiñan que saber interpretar e recoñecer os diferentes recantos. Cada membro do grupo asumiu diferentes roles: descifrar o código QR, interpretar o que nos pide, pensar que itinerario imos a empregar e dar as instrucións ó escornabot para que se mova polo espazo. 

Aproveitamos o Día das bibliotecas e a inauguración da ROBOTECA para poñelo en práctica. Foi todo un éxito. A continuación o podedes comprobar:









DÍA DAS BIBLIOTECAS

Este martes, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas no noso cole.
Aproveitamos a ocasión para inaugurar o novo recuncho"maker" a ROBOTECA e facer unha actividade moi chula cos nosos escornabots "Móvete pola nosa biblioteca".
As nosas encargadas, recordáronnos as normas a modo de RAP e rematamos a xornada repartindo as nosas Mochilas Viaxeiras. 
A continuación tedes un pequeno resumo.

jueves, 26 de octubre de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS






Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar

"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para o cartel que se edita este curso 2017-18, para as bibliotecas escolares de Galicia.
Todo o claustro de este cole entende que a biblioteca é un recurso ACTIVO e RENOVADO que facilita a construción do coñecemento,   recurso IMPRESCINDIBLE para a formación do noso alumnado nunha sociedade da información que demanda cidadáns dotados de destrezas para a consulta eficaz das distintas fontes informativas e para a construción autónoma do coñecemento.
 Día a día intentamos que a nosa Biblioteca sexa un organismo vivo, activo e con capacidade de mutación, incorporando as Tecnoloxías Emerxentes, onde ten cabida o impreso e o dixital.
O obxectivo é aprender a pensar a través dos contos, das lendas, dos libros de ficción, da prensa, da música, do cine, da programción, do diálogo, da convivencia…para todo elo, a nosa biblioteca convértese nun espazo imprescindible no noso centro onde cada curso  “acontecen máis cousas, ou polo menos mellores cousas”.