Feeds RSS
Feeds RSS

jueves, 28 de abril de 2011

Día do libro 2010-2011

Actividades para conmemorar o Día do Libro:
-O pai dun alumno narrará lendas da zona ó alumnado.
-A nai dunha alumna lerá contos ós máis pequenos
-Elaboración de marcapáxinas. Todo o alumnado do centro participará nun obradoiro no que elaborarán marcapáxinas. A temática son os contos populares de maneira que decorarán o marcapáxinas con debuxos do conto que máis lles guste e co título do mesmo nos tres idiomas que traballamos no centro (galego, inglés e castelán). Para facilitar o labor teremos nas paredes da biblioteca dúas listas cos títulos dos contos máis coñecidos, unha en galego e a outra en inglés, eles terán que emparexalos para logo facer o marcapáxinas.
-Lectura colectiva do Quixote. Durante unha semana ó subir do recreo da tarde leremos cada día un capítulo do libro. Cada clase le un capítulo de forma colectiva entre todo o alumnado da mesma.

viernes, 15 de abril de 2011

Padriños lectores

Uha das actividades que máis lle gusta ó alumnado de 1º ciclo é cando os grandes lles len os seus contos preferidos. Nos recreos dos mércores é moi frecuente atoparse nos corredores a algún alumno/a preguntado se alguén viu ó seu padriño ou á súa madriña que neste caso é o alumnado de 3º ciclo.
Cada alumno/a de 3º ciclo ten apadriñado a un ou varios alumnos/as de 1º ciclo e  no recreo dos mércores xúntanse, van a biblioteca a elixir un conto para ler e logo buscan un recanto agradable e a disfrutar dese momento de lectura compartido.


viernes, 8 de abril de 2011

Biblioteca

A renovación da nosa biblioteca pasou por varias fases:
1- Valeirala, pintado de paredes e andeis.
2- Catalogar todos os nosos fondos no Meiga.
3- Elaboración de carnés para toda a comunidade educativa.
4- Abrila de novo e comezar a traballar ofrecendo actividades dinamizadoras.
Demos un gran paso cando conseguimos entrar a formar parte da rede de centros do "Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares" o que nos proporcionou ademais de unha importante achega económica, moitos ánimos para seguir traballando e afrontar este reto da dinamización da biblioteca escolar con moita ilusión.