Feeds RSS
Feeds RSS

martes, 15 de noviembre de 2016

As nosas encargadas de Biblioteca

Aquí tedes o cartel que diseñamos coas nosas encargadas de Biblioteca. Grazas pola vosa colaboración!




A Araña Maraña está encantada coas súas encargadas, persoas comprometidas e coidadoras da nosa biblio. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!




martes, 8 de noviembre de 2016

Celebración de Samaín-Halloween

Desde a biblioteca a Araña Maraña, propúxonos unha actividade moi interesante para realizar durante a semana do Samaín. Colaborando co Proxecto que estamos a levar a cabo no noso centro sobre a RECICLAXE, a mascota da nosa biblioteca quixo elaborar un MONSTRO entre TODOS e con material de refugallo. Unha vez creado, escollimos un nome PLASTIDOCUS, proposto por Carlota, alumna de 6º de E. Primaria. E a partir deste personaxe, fixemos dous contos colaborativos. O resultado foi un éxito.Si queres coñecelo, ven a visitarnos!
Os máis pequenos, pintaron o seu monstro.

jueves, 3 de noviembre de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS

Ola familias!! As mochilas viaxeiras saíron do cole a visitar as vosas casas. Esperamos que disfrutedes da lectura cos vosos fillos. Un saúdo da Araña Maraña!

Padriños Lectores

O 24 de outubro, Día das Bibliotecas, dimos comezo a unhas das actividades máis esperadas polos nosos nenos, Os Padriños Lectores. A partir deste día, no recreo dos mércores, os maiores leerán un conto a un pequeno exercendo de padriño lector. Todos están moi ilusionados, non hai máis que velos...