Feeds RSS
Feeds RSS

miércoles, 30 de octubre de 2013

HALLOWEEN

A semana que ven  "colgaremos" no blog os contos de medo e misterio que fixemos no cole. Tamén os debuxos que fixeron os máis pequenos para ilustralos.

A VOLTAS COAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe tamén voltou a mochila de infantil. A Antía de 3 anos gustoulle moito o libro "A Granxa", gústanlle moito os animais. Para demostralo deixounos un debuxo que fixo xunto cos seus papás.

MOI BEN ANTÍA!! Gústanos a túa vaca verde!!!

martes, 29 de octubre de 2013

XA ESTÁ DE VOLTA A MOCHILA VIAXEIRA

Ola , xa están outra vez na biblio as mochilas viaxeiras.
.
 Vos deixamos uns debuxos que ilustran o que máis lle gustou aos nenos e nenas que as tiveron estas dúas semanas nas súas casas..

O que máis lle gustou a Xoel de 1º foi o "Animalario". Fíxonos este debuxo para ilustralo:


.Aldara disfrutou coa mochila! Gustoulle bastante o libro de "Yoko y la noche del terror", moi apropiado para estas datas.
O seu pai segue a ler "El Club dante", que polo visto non está nada mal!
Aldara deixounos este debuxo:


Agora comeza unha nova viaxe as casas de Martín de 1º, Yedra de 3º e Ángel de 6º.

QUE AS DISFRUTEDES E UN ARÁCNIDO SAÚDO!!!



miércoles, 23 de octubre de 2013

XA CHEGAN OS CONTOS DE MEDO!!!




Ola, propóñovos unhas tarefas para celebrar este día de Halloween na biblio, estade atentos ao que vos vou contar:

Para 3º ciclo: se visitades o recuncho do misterio na biblioteca, atoparedes unha coleción de contos de medo ( colección do Baul dos Mostruos). Collede un en préstamo, ledeo e despois escribide a vosa versión do conto seguindo as instrucións que vos den os vosos profes.

Para o 2º ciclo: tedes que ser quen de escribir entre todos un conto de medo e misterio, cada un vai aportar un pouquiño á historia e, entre todos, seguro que nos sae algo terrorífico.

Para 1º ciclo: Ides a ser os ilustradores da historia de 2º ciclo. Irémovos pasando os textos para que nos fagades uns debuxos escalofriantes.



lunes, 14 de octubre de 2013

INAGURAMOS A BIBLIOTECA

Xa levamos funcionando e reuníndonos coa Araña Maraña un tempo, pero mañá martes xuntámonos todos para dar a benvida "oficial" a este curso na biblioteca. Falaremos das novidades,lembraremos algunas cousiñas para que todo funcione ben e haberá algunhas sorpresas para todos. O QUE SI QUE VAI A VER É MOITOS LIBROS, MOITAS HISTORIAS, MOITOS CONTOS, MISTERIOS OCULTOS,... E MOITÍSIMO MÁIS ESPERANDO A QUE TI O DESCUBRAS. Esta semana publicaremos algo do que imos facer na inaguración, VISITADE O NOSO BLOG.