Feeds RSS
Feeds RSS

viernes, 23 de marzo de 2018

Semana EScolar da Árbore e da Auga

O noso centro participou no proxecto da Semana Escolar da Árbore e da Auga, proposto pola Deputación de Ourense. Trátase de divulgar entre o noso alumnado coñecementos dos cilcos da auga e das árbores.
Ó longo desta semana fixemos lectura colaborativa do libro A invención do salgueiro en Ourensanía, e fixemos algunhas das actividades propostas.
O último día prantamos un salguerio no patio do colexio.










21 de marzo, DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Este mércores, 21 de marzo, celebramos o Día Mundial da Poesía.

A pesar, de que o noso laboratorio de radio todavía non está totalmente rematado, o alumnado máis pequeno de primaria, aproveitou a ocasión para preparar un pequeno programa e emitilo na radio da biblioteca.
A continuación podedes escoitar o resultado e ver algunhas fotos, nas que se pode comprobar o que desfrutaron.

https://drive.google.com/file/d/1OPtGF4ANkXx4MpmHGdsWQyuu2rYkiRAj/view?usp=sharing





lunes, 19 de marzo de 2018

RECUNCHO MAKER

O  espazo maker é unha prolongación da biblioteca, onde o noso alumnado aprende xogando, manipulando, tocando,... coñecendo diferentes linguaxes e poñendo en práctica diferentes formas de pensamento.

A continuación podes ver algunhas das actividades que teñen lugar neste espazo.









sábado, 10 de marzo de 2018

DÍA DA MULLER


Desde a biblioteca da araña Maraña, aproveitamos a celebración deste día para reafirmar a nosa escola como promotora da IGUALDADE. 
Adicamos a nosa Hora de Ler a coñecer  persoalidades femininas de diferentes épocas: desde Hipatia, a Marie Curie,... Maruxa Mallo... Intentando mostrar ó noso alumnado cómo as mulleres estiveron e están  presentes en todos os ámbitos, no mundo do coñecemento e no mundo das artes.
Ademáis, visionamos un pequeno vídeo que explica porque se elixe esta data para celebrar este día e traballamos, conceptos como Sexismo, Feminismo e Igualdade.






Unha vez máis, empregamos os nosos escornabots para facer unhas dinámicas sobre este tema.
Así, o noso alumnado coñeceu por primeira vez nomes como: Anna Connelly, Dra. Maria Telkes, Stephanie Kwolek, Maria Beasely,  Elizabeth Magie, Letitia Geer ata Ada Lovelace. Todas  elas creadoras de produtos curiosos e importantes para a nosa sociedade. 
Cunhas tarxetas e unha plantilla descubrimos a estas mulleres e os seus inxeniosos inventos.






Cos pequenos de primaria, tamén afianzamos o concepto de Igualdade no mundo das profesións.



lunes, 5 de marzo de 2018

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


A NOSA HOMENAXE A ROSALÍA
Todos os nos@s alumnos do cole, participaron nesta pequena homenaxe á nosa querida Rosalía.












Os alumn@s de Infantil fixeron un bonito cartaz, onde pintaron o seu retrato e aprenderon un dos seus poemas máis coñecidos ó mesmo tempo que o ilustraron. A continuación podedes ver o proceso:




Unha vez completado o seu cartaz, as nosas encargadas da biblioteca da Araña Maraña, contáronlle curiosidades da vida da autora e recitaron algún poema do libro de Cantares Gallegos. Ademáis, comentáronlle a importancia da publicación deste libro e o recoñecemento de tal data como o Día das Letras Galegas, o 17 de maio.



Os pequenos tamén visitaron as clases dos compañeir@s de primaria, para recitarlle o poema Adiós ríos, adiós fontes. Se queres velos, pincha no seguinte enlace:






Os alumn@s de Primaria tamén participaron nesta homenaxe a través de diferentes actividades:
Dedicóuselle varios días na Hora de Ler a Rosalía de Castro e, ademáis elaboramos un xogo cos escornabots: Coa axuda dos pequenos de primaria creamos unha plantilla e uns dados para xogar cos robots. Ó memso tempo, preparamos uns códigos QR asociados a cada casilla da plantilla do escornabot. O xogo consistía en lanzar o dado, levar o escornabot á casilla que marcaba o dado, a continuación cunha tablet e unha aplicación (QRDroid), escaneamos  a imaxe e lemos unha lectura relacionada coa autora: poemas, biografía, obras publicadas..