Feeds RSS
Feeds RSS

jueves, 30 de noviembre de 2017

VISITA DO ESCRITOR E ACTIVISTA XABIER DOMÍNGUEZ

O xoves pasado, 23 de novembro, tivemos no noso cole unha agradable visita: Xabier Domínguez Pérez, unha persoa referende para todos nós. Xabi é antigo alumno deste colexio, antigo alumno de prácticas de maxisterio no noso centro, escritor e activista nunha Asociación chamada MEU REI que se centra na axuda á INFANCIA.
Xabier, falounos un pouco do seu conto "A SUPERAVOA DE ANTÓN".

 Ademáis disto, contounos a importante labor que está a facer MEU REI, axudando aos nen@s en diferentes países do mundo como : Camboia, Colombia,... Ó ano pasado, Xabi animou ó noso centro a participar nunha campaña de recollida de tapóns e aproveitou esta visita para explicarnos que é o que se fai con eles. Os nosos alumn@s desfrutaron da charla de Xabi e moi ledos, axudáronlle a cargar no coche todos os tapóns recollidos, convertíndose en pequenos activistas.
Moitas grazas Xabi!! e Noraboa pola túa labor!








XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES


OLA AMIG@S: Esta fin de semana, o noso centro participa nas Xornadas de Bibliotecas Escolares. Cita anual do grande colectivo do profesorado que traballa a diario nas biblitecas escolares. Toda unha experiencia de encontro, participación e aprendizaxe.

O noso centro participará na exposición do Proxecto de escornabots na biblioteca co título: Biblioteca e Robótica nunha escola rural.



RECREO ESCORNABÓTICO

Hoxe, os máis pequenos do cole, puideron desfrutar e aprender cos escornabots na Biblioteca da Araña Maraña. Grazas á implicación das nosas encargadas, organizamos un Recreo escornabótico con diferentes recantos polos que se moveron os escornabots á orden dos máis pequenos. Traballaron  o conto A que sabe a lúa, repasamos os nomes das froitas, así como o nome de diferentes alimentos, tamén repasamos números, contamos,... e os maiores do grupo, participaron na plantilla de triángulos.
 Aquí tedes a mostra do ben co pasaron...












MAN ROBÓTICA


O noso recuncho maker non deixa de argallar. Este martes, tivemos a oportunidade de elaborar unha MAN ROBÓTICA. Para comezar, miramos e falamos das nosas mans, observamos por que os dedos poden doblarse, cómo agarramos as cousas,... falamos das falanxes dos dedos, contámolas e coñecimos a funcións dos tendóns. Toda unha aprendizaxe para os máis pequenos!
Se te animas a facela, segue os seguintes pasos:

- MATERIAL NECESARIO: 5 PALLIÑAS, TESOIRAS, CORDÓN, ROTULADOR E CELO.




- PASO 1: Collemos 4 palliñas estiradas e unímolas por debaixo de onde doblan. Despois, colocamos ó lado esquerdo destas, unha quinta palliña que será o pulgar. Ésta terá que doblar  e atravesar o resto dos dedos.
O resultado será o seguinte:


PASO 2: Unha vez que temos todas as palliñas xuntas, unímola ó noso pulso para tomar as medidas das falanxes e o longo dos nosos dedos.



PASO 3: Recortamos pola marca do longo dos nosos dedos. Para o corte das falanxes, hai que estar moi atentos: hai que doblar a palliña pola marca, pero de lado. Unha vez doblada, cortamos a punta. O resultado debe ser o seguinte:

 PASO 4: Introducimos por cada palliña, un cordón. Cando o teñamos no extremos, hai que facerlle un nudo, e pegalo ben á pallliña cun celo, para que quede ben seguro.


RESULTADO FINAL:

A experiencia está inspirada no visionado do seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=3tsWD-8pEBg

miércoles, 29 de noviembre de 2017

RADIO NA NOSA BIBLIO

BOAS NOTICIAS AMIG@S: 

O  noso centro está entre os vinte que foron selecionados para a creación  dun laboratorio de radio escolar na nosa biblioteca.
RADIO NA BIBLIO é un proxecto  que pretende contribuír á creación de emisoras/laboratorio de radio no contexto das bibliotecas. Será unha experiencia máis que enriquecerá a aprendizaxe d@s nos@s alumn@s en moitos aspectos: a lectura, a expresión oral, a alfabetización múltiple, ...e unha chea de vivenzas.

Se queres ler máis da noticia, pincha no seguinte enlace:Radio na biblio

MONTAXE DUN ROBOT NO NOSO RECUNCHO MAKER


A semana pasada aproveitamos a noso recuncho maker para montar un novo robot: MBOT.
O noso centro participa nun novo Proxecto de Innovación, para introducir a robótica educativa en Primaria.
Os alumnos de 4º,5º e 6º de E. Primaria, seguindo as instrucións na súa tablet e con pouca máis axuda das profes, montaron o robot. Noraboa amigos, unha boa experiencia!!



jueves, 23 de noviembre de 2017

Plantilla de Triángulos




Hoxe, na nosa biblioteca da Araña Maraña, experimentamos co escornabot nunha plantilla de triángulos. Con dous dados, un dado indicando unha forma e outro dado, indicando a cor, os nosos alumnos tiveron que pensar cómo podían desprazarse co escornabot pola plantilla triangular e chegar á figura que indicaban os dados.
Para realizar esta actividade, tivemos que modificar os comandos no Arduino. O noso escornabot amarelo, da un xiro de 60º e camiña 15 cm. Todo un reto!!!






A plantilla está baixada da escornawiki. Descargámola e a imprimímola en 12 folios A4. A continuación, fixemos a montaxe.
Moitas grazas profe Eva!!

sábado, 4 de noviembre de 2017

Inglés e escornabots

Os alumnos de 1º,2º e 3º de primaria, tamén aprenden inglés coa axuda dos escornabots:


viernes, 3 de noviembre de 2017

PROXECTO MAKER, Plastilina condutora

Mentres o noso alumnado de 5º e 6º de primaria está desfrutando da semana STEM ( Sciencie, Technology, Engineering, Mathematics) en Mondariz, o resto de alumnado participaron nun proxecto maker na biblioteca: Robot feito con Plastilina condutora .











Elaboramos a plastilina con axuda dos alumnos de 3º e 4º de primaria, para esta actividade empregamos a aula de xogos. Unha vez feita a plastilina, dirímonos á nosa Roboteca para completar a nosa experiencia maker



Os pequenos de primaria,tamén comprobaron cómo a plastilina é capaz de conducir enerxía e encender unha luz.





A experiencia está inspirada no visionado do seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=CW3RjOU24mM


jueves, 2 de noviembre de 2017

O RECUNCHO DA ROBOTECA

A continuación vos mostramos a nosa Roboteca con máis detallle...un novo espazo na biblioteca para crear e aprender!



Escornabots en E. Infantil

Os pequenos do cole tamén desfrutan e aprenden cos escornabots na nosa Biblioteca:

miércoles, 1 de noviembre de 2017

SAMAÍN: OS MONSTROS TAMÉN VAN Á ESCOLA



Para Samaín, os alumnos e alumnas do CEIP-P. Vilar de Barrio, prepararon un pequeno corto para dar algo de medo e moita risa...
Desexamos que vos guste!