Feeds RSS
Feeds RSS

lunes, 5 de marzo de 2018

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


A NOSA HOMENAXE A ROSALÍA
Todos os nos@s alumnos do cole, participaron nesta pequena homenaxe á nosa querida Rosalía.












Os alumn@s de Infantil fixeron un bonito cartaz, onde pintaron o seu retrato e aprenderon un dos seus poemas máis coñecidos ó mesmo tempo que o ilustraron. A continuación podedes ver o proceso:




Unha vez completado o seu cartaz, as nosas encargadas da biblioteca da Araña Maraña, contáronlle curiosidades da vida da autora e recitaron algún poema do libro de Cantares Gallegos. Ademáis, comentáronlle a importancia da publicación deste libro e o recoñecemento de tal data como o Día das Letras Galegas, o 17 de maio.



Os pequenos tamén visitaron as clases dos compañeir@s de primaria, para recitarlle o poema Adiós ríos, adiós fontes. Se queres velos, pincha no seguinte enlace:






Os alumn@s de Primaria tamén participaron nesta homenaxe a través de diferentes actividades:
Dedicóuselle varios días na Hora de Ler a Rosalía de Castro e, ademáis elaboramos un xogo cos escornabots: Coa axuda dos pequenos de primaria creamos unha plantilla e uns dados para xogar cos robots. Ó memso tempo, preparamos uns códigos QR asociados a cada casilla da plantilla do escornabot. O xogo consistía en lanzar o dado, levar o escornabot á casilla que marcaba o dado, a continuación cunha tablet e unha aplicación (QRDroid), escaneamos  a imaxe e lemos unha lectura relacionada coa autora: poemas, biografía, obras publicadas..








0 comentarios:

Publicar un comentario