Feeds RSS
Feeds RSS

jueves, 26 de octubre de 2017

Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar

"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para o cartel que se edita este curso 2017-18, para as bibliotecas escolares de Galicia.
Todo o claustro de este cole entende que a biblioteca é un recurso ACTIVO e RENOVADO que facilita a construción do coñecemento,   recurso IMPRESCINDIBLE para a formación do noso alumnado nunha sociedade da información que demanda cidadáns dotados de destrezas para a consulta eficaz das distintas fontes informativas e para a construción autónoma do coñecemento.
 Día a día intentamos que a nosa Biblioteca sexa un organismo vivo, activo e con capacidade de mutación, incorporando as Tecnoloxías Emerxentes, onde ten cabida o impreso e o dixital.
O obxectivo é aprender a pensar a través dos contos, das lendas, dos libros de ficción, da prensa, da música, do cine, da programción, do diálogo, da convivencia…para todo elo, a nosa biblioteca convértese nun espazo imprescindible no noso centro onde cada curso  “acontecen máis cousas, ou polo menos mellores cousas”.

0 comentarios:

Publicar un comentario