Actividades para conmemorar o Día do Libro:
-O pai dun alumno narrará lendas da zona ó alumnado.
-A nai dunha alumna lerá contos ós máis pequenos
-Elaboración de marcapáxinas. Todo o alumnado do centro participará nun obradoiro no que elaborarán marcapáxinas. A temática son os contos populares de maneira que decorarán o marcapáxinas con debuxos do conto que máis lles guste e co título do mesmo nos tres idiomas que traballamos no centro (galego, inglés e castelán). Para facilitar o labor teremos nas paredes da biblioteca dúas listas cos títulos dos contos máis coñecidos, unha en galego e a outra en inglés, eles terán que emparexalos para logo facer o marcapáxinas.
-Lectura colectiva do Quixote. Durante unha semana ó subir do recreo da tarde leremos cada día un capítulo do libro. Cada clase le un capítulo de forma colectiva entre todo o alumnado da mesma.
jueves, 28 de abril de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario