O xoves pasado, 23 de novembro, tivemos no noso cole unha agradable visita: Xabier Domínguez Pérez, unha persoa referende para todos nós. Xabi é antigo alumno deste colexio, antigo alumno de prácticas de maxisterio no noso centro, escritor e activista nunha Asociación chamada MEU REI que se centra na axuda á INFANCIA.
Xabier, falounos un pouco do seu conto "A SUPERAVOA DE ANTÓN".
Ademáis disto, contounos a importante labor que está a facer MEU REI, axudando aos nen@s en diferentes países do mundo como : Camboia, Colombia,... Ó ano pasado, Xabi animou ó noso centro a participar nunha campaña de recollida de tapóns e aproveitou esta visita para explicarnos que é o que se fai con eles. Os nosos alumn@s desfrutaron da charla de Xabi e moi ledos, axudáronlle a cargar no coche todos os tapóns recollidos, convertíndose en pequenos activistas.
Moitas grazas Xabi!! e Noraboa pola túa labor!
jueves, 30 de noviembre de 2017
XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES
OLA AMIG@S: Esta fin de semana, o noso centro participa nas Xornadas de Bibliotecas Escolares. Cita anual do grande colectivo do profesorado que traballa a diario nas biblitecas escolares. Toda unha experiencia de encontro, participación e aprendizaxe.
O noso centro participará na exposición do Proxecto de escornabots na biblioteca co título: Biblioteca e Robótica nunha escola rural.
RECREO ESCORNABÓTICO
Hoxe, os máis pequenos do cole, puideron desfrutar e aprender cos escornabots na Biblioteca da Araña Maraña. Grazas á implicación das nosas encargadas, organizamos un Recreo escornabótico con diferentes recantos polos que se moveron os escornabots á orden dos máis pequenos. Traballaron o conto A que sabe a lúa, repasamos os nomes das froitas, así como o nome de diferentes alimentos, tamén repasamos números, contamos,... e os maiores do grupo, participaron na plantilla de triángulos.
Aquí tedes a mostra do ben co pasaron...
Aquí tedes a mostra do ben co pasaron...
Etiquetas:
CURSO 2017-18,
PROXECTO ESCORNABOT
MAN ROBÓTICA
O noso recuncho maker non deixa de argallar. Este martes, tivemos a oportunidade de elaborar unha MAN ROBÓTICA. Para comezar, miramos e falamos das nosas mans, observamos por que os dedos poden doblarse, cómo agarramos as cousas,... falamos das falanxes dos dedos, contámolas e coñecimos a funcións dos tendóns. Toda unha aprendizaxe para os máis pequenos!
Se te animas a facela, segue os seguintes pasos:
- MATERIAL NECESARIO: 5 PALLIÑAS, TESOIRAS, CORDÓN, ROTULADOR E CELO.
- PASO 1: Collemos 4 palliñas estiradas e unímolas por debaixo de onde doblan. Despois, colocamos ó lado esquerdo destas, unha quinta palliña que será o pulgar. Ésta terá que doblar e atravesar o resto dos dedos.
O resultado será o seguinte:
PASO 2: Unha vez que temos todas as palliñas xuntas, unímola ó noso pulso para tomar as medidas das falanxes e o longo dos nosos dedos.
PASO 3: Recortamos pola marca do longo dos nosos dedos. Para o corte das falanxes, hai que estar moi atentos: hai que doblar a palliña pola marca, pero de lado. Unha vez doblada, cortamos a punta. O resultado debe ser o seguinte:
PASO 4: Introducimos por cada palliña, un cordón. Cando o teñamos no extremos, hai que facerlle un nudo, e pegalo ben á pallliña cun celo, para que quede ben seguro.
RESULTADO FINAL:
A experiencia está inspirada no visionado do seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=3tsWD-8pEBg
Etiquetas:
CURSO 2017-18,
PROXECTO ESCORNABOT,
RECUNCHO MAKER
miércoles, 29 de noviembre de 2017
RADIO NA NOSA BIBLIO
BOAS NOTICIAS AMIG@S:
O noso centro está entre os vinte que foron selecionados para a creación dun laboratorio de radio escolar na nosa biblioteca.
RADIO NA BIBLIO é un proxecto que pretende contribuír á creación de emisoras/laboratorio de radio no contexto das bibliotecas. Será unha experiencia máis que enriquecerá a aprendizaxe d@s nos@s alumn@s en moitos aspectos: a lectura, a expresión oral, a alfabetización múltiple, ...e unha chea de vivenzas.
Se queres ler máis da noticia, pincha no seguinte enlace:Radio na biblio
MONTAXE DUN ROBOT NO NOSO RECUNCHO MAKER
A semana pasada aproveitamos a noso recuncho maker para montar un novo robot: MBOT.
O noso centro participa nun novo Proxecto de Innovación, para introducir a robótica educativa en Primaria.
Os alumnos de 4º,5º e 6º de E. Primaria, seguindo as instrucións na súa tablet e con pouca máis axuda das profes, montaron o robot. Noraboa amigos, unha boa experiencia!!
Etiquetas:
CURSO 2017-18,
RECUNCHO MAKER
jueves, 23 de noviembre de 2017
Plantilla de Triángulos

Hoxe, na nosa biblioteca da Araña Maraña, experimentamos co escornabot nunha plantilla de triángulos. Con dous dados, un dado indicando unha forma e outro dado, indicando a cor, os nosos alumnos tiveron que pensar cómo podían desprazarse co escornabot pola plantilla triangular e chegar á figura que indicaban os dados.
Para realizar esta actividade, tivemos que modificar os comandos no Arduino. O noso escornabot amarelo, da un xiro de 60º e camiña 15 cm. Todo un reto!!!
A plantilla está baixada da escornawiki. Descargámola e a imprimímola en 12 folios A4. A continuación, fixemos a montaxe.
Moitas grazas profe Eva!!
Etiquetas:
CURSO 2017-18,
PROXECTO ESCORNABOT
sábado, 4 de noviembre de 2017
viernes, 3 de noviembre de 2017
PROXECTO MAKER, Plastilina condutora
Mentres
o noso alumnado de 5º e 6º de primaria está desfrutando da semana STEM (
Sciencie, Technology, Engineering, Mathematics) en Mondariz, o resto de alumnado
participaron nun proxecto maker na
biblioteca: Robot feito con Plastilina
condutora .
Elaboramos
a plastilina con axuda dos alumnos de 3º e 4º de primaria, para esta actividade
empregamos a aula de xogos. Unha vez feita a plastilina, dirímonos á nosa
Roboteca para completar a nosa experiencia
maker.
Os pequenos de primaria,tamén comprobaron cómo a plastilina é capaz
de conducir enerxía e encender unha luz.
A experiencia está inspirada no visionado do seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=CW3RjOU24mM
Etiquetas:
CURSO 2017-18,
PROXECTO ESCORNABOT,
RECUNCHO MAKER
jueves, 2 de noviembre de 2017
O RECUNCHO DA ROBOTECA
A continuación vos mostramos a nosa Roboteca con máis detallle...un novo espazo na biblioteca para crear e aprender!
Etiquetas:
CURSO 2017-18,
PROXECTO ESCORNABOT,
RECUNCHO MAKER
Escornabots en E. Infantil
Os pequenos do cole tamén desfrutan e aprenden cos escornabots na nosa Biblioteca:
Etiquetas:
CURSO 2017-18,
PROXECTO ESCORNABOT
miércoles, 1 de noviembre de 2017
SAMAÍN: OS MONSTROS TAMÉN VAN Á ESCOLA
Para Samaín, os alumnos e alumnas do CEIP-P. Vilar de Barrio, prepararon un pequeno corto para dar algo de medo e moita risa...
Desexamos que vos guste!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)