O pasado xoves, 1 de febreiro, tivemos unha xornada moi especial na nosa escola.
Todo o profesorado e alumnado do noso centro puidemos asistir a un Obradoiro de Radio na biblioteca. Para elo, contamos coa colaboración dun dos membros de Ponte...nas ondas!, Xerardo e, Damián Alonso, actor de voz e dobraxe.
PONTE…NAS ONDAS! é unha Asociación Cultural e Pedagóxica que, desde 1995, realiza actividades educativas e culturais en Galicia e no Norte de Portugal.
Na xornada da mañá, Damián Alonso descubriunos o mundo do dobraxe e deunos a coñecer as nocións de dicción, vocalización e modulación da voz para levar a cabo unha boa interpretación
Despois dun descanso, xa na biblio, os maiores do cole asistiron á formación do programa de código aberto Audacity, gravación a través do ordenador, técnicas para crear un podcast atractivo, elaboración dun guión e dunha escaleta...
E pola tarde, Xerardo de Ponte...nas ondas! explicounos en que consistía a montaxe dunha emisora, que aparellos fan falta, as conexións, ... Tamén falounos da estrutura dunha emisión: da sintonía, dos cortes de voz, ...
Finalmente, rematamos a xornada poñendo en práctica o aprendido e creando a nosa primeira emisión de radio na Biblioteca da Araña Maraña coa colaboración de todo o alumnado. Todo un éxito!
A continuación tedes un pequeno resumo:
0 comentarios:
Publicar un comentario