O Entroido é unha
festa universal que en Galicia ten unha persoalidade propia, sobre todo na nosa
provincia de Ourense, onde
conservamos tradicións moi antigas desta época do ano.
Hoxe, venres 9 de febreiro, quixemos dedicarlle un tempo de
lectura e documentación ó noso querido Entroido.
Quixemos facer unha homenaxe ás máscaras que por esta época aparecen nas nosas localidades, sendo consideradas estas vellas expresións do
entroido tradicional como un auténtico tesouro etnográfico.
Os Felos de Maceda, as Pantallas de Xinzo da Limia, Os Cigarróns de Verín, e os Peliqueiros de Laza, os Vergalleiros de Sarreaus, e algún máis que descobrimos.
Os Felos de Maceda, as Pantallas de Xinzo da Limia, Os Cigarróns de Verín, e os Peliqueiros de Laza, os Vergalleiros de Sarreaus, e algún máis que descobrimos.
Desde a biblioteca, a nosa mascota propúxonos unhas lecturas
e despois convidounos a xogar e recordar o aprendido cos nosos escornabots: Felos, Pantallas, Cigarróns,
Peliqueiros, Vergalleiros, Boteiros… están presentes nas nosas plantillas.
VIVA O ENTROIDO!!
0 comentarios:
Publicar un comentario