Feeds RSS
Feeds RSS

miércoles, 14 de febrero de 2018

TI SABÍAS QUE...? WEBQUEST PARA A RADIO ESCOLAR. DÍA MUNDIAL DA RADIO

TI SABÍAS QUE...?



INTRODUCIÓN


Que tal nenos e nenas de Vilar de Barrio? Temos un novo RETO que nos propón a Araña Maraña desde a Biblioteca. IMOS MONTAR UN PODCAST PARA PARTICIPAR NO DÍA MUNDIAL DA RADIO. O tema é O DEPORTE, e nós, teríamos que preparar un programa de radio sobre ese tema. Queres converterte nun reporteiro ou reporteira deportivo? Pois segue as instrucións, que ben seguro que nos vai a quedar moi molón!

TAREFA

Se vos animades a participar, lede con atención esta parte na que vos explicamos que é o que temos que crear entre todos: Un programa de radio no que demos resposta a algunhas preguntas interesantes relacionadas co deporte, os deportistas, os xogos olímpicos, algúns récords espectaculares ou curiosidades. Seguro que nos sorprendedes a todos e aprendemos un montón!

 PERO ANTES DE NADA FORMAREMOS VARIOS EQUIPOS:
1. INVESTIGADORES. 2. REDACTORES. 3. LOCUTORES. 4. EDITORES.

PROCESO

Para axudarvos no voso proceso de creación do podcast de radio Escolar, seguide estes pasos ONDE SE ESPECIFICA QUE TEN QUE FACER CADA EQUIPO:

1. ( Investigadores) A vosa labor é crucial! Consultade o documento que atoparás na dirección de drive que tes na páxina de recursos. Neste documento atoparás consellos de cuestións sobre as que podedes investigar. Baixade o documento para poder traballar con el. A continuación, consultade as páxinas que se vos propoñen, nelas poderedes atopar as respostas, anotádeas  con boa letra para que poidan traballar os redactores.

 2. (Redactores) O seguinte paso e importantísimo, tedes que redactar o guión completo que van a ter que gravar os locutores. Seguide o guión que tedes aloxado en drive e ide elaborando todo paso a paso. Cando rematedes, corrixide o texto e pasádeo a un editor de texto. As mestras axudaranvos en todo.

 3. Que emoción! Toca gravar (locutores). Practicade ben antes de gravar e repartide o texto, hai que ter claro que parte vai ler cada un. UTILIZA A TÚA MELLOR VOZ!!!

4. Xa case o temos listo; pero este último paso é esencial para que quede ben chulo (editores). Temos que preparar o podcast utilizando audacity. Tamén é labor deste equipo, buscar as sintonías que imos utilizar en cada parte do programa. Teredes que traballar co guión que elaboraron os vosos compañeiros.

 POIS XA ESTÁ TODO, AGORA TODOS A TRABALLAR NA RADIO!!!

RECURSOS

Neste apartado podedes atopar algúns enlaces de interés para a vosa labor de investigación.

Enlaces con información: 


Enlaces aos documentos para o traballo:


AVALIACIÓN

Para saber se estamos a traballar ben e avaliarnos, podedes utilizar a rúbrica que atoparedes no enlace dos recursos. 
Tamén ides gardar nunha carpeta todos os documentos que creedes no voso traballo.
E non vos esquezades de sacar fotos de todo o proceso de traballo de cada grupo.

CONCLUSIÓN

Cando todo estea rematado, e o noso traballo nas ondas e na Rede, ímonos a xuntar para dialogar sobre o que fixemos. Para ter claro as vosas ideas, pedimos que cada grupo elabore un pequeno resumo - esquema. Nel tedes que incluír a vosa opinión sobre o que fixemos en conxunto, todos xuntos e sobre o resultado final, do voso traballo individual e tamén do traballo dos vosos compañeiros e compañeiras.

CRÉDITOS

Imaxes obtidas de https://pixabay.com/es/ 



Traballo elaborado polo alumnado e profesorado do C.E.I.P. Plurilingüe Vilar de Barrio.


Asinado:

A Araña maraña








0 comentarios:

Publicar un comentario