martes, 30 de mayo de 2017
martes, 23 de mayo de 2017
HOMENAXE A CARLOS CASARES
Este curso profes e alumnos adicamos moito tempo en coñecer e desfrutar as obras de Carlos Casares Mouriño, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017.
Aquí están algunhas das actividades realizadas:
Obra de teatro: A GALIÑA AZUL( alumnos de 5º e 6º de E. Primaria)
TELEXORNAL CARLOS CASARES
Os alumnos de 6º de primaria, convértense nuns reporteiros e nos relatan
as "Novas de Carlos Casares e a súa Galiña Azul"
Pincha na seguinte ligazón: https://youtu.be/edTXhgN-S8o
Obra de teatro: A GALIÑA AZUL( alumnos de 5º e 6º de E. Primaria)
A profe de plástica, xunto cos alumnos de 1º,2º e 3º de primaria, fixeron esta montaxe.
Os maiores, deseñaron as súas "Galiñas Azuis"
Desfrutamos da función "A MAXIA DE CARLOS CASARES", convidados pola Biblioteca Municipal do noso concello, Vilar de Barrio.
O día 18 de maio, adicamos a XOGAR con CARLOS CASARES. O alumnado de todo o colexio participou nun circuito de xogos-obradoiros relacionados co autor. Desde a lectura dos seus contos, pasando por un xogo elaborado con SCRATCH, outro recuncho de ESCORNABOT, deseño de caricaturas do autor homenaxeado e creación da "formiga esquiadora", protagonista dun dos seus contos. Tamén fixemos parte da U.D. que mandou a Consellería, coa utilización de tablets.
Se queres ver máis, visita os enlaces da páxina do cole:
Etiquetas:
CARLOS CASARES: LETRAS GALEGAS 2017,
Curso 2016-17
PROXECTO ESCONABOT NA BIBLIOTECA
Ola amigos: Temos moi boas noticias!! O noso centro foi seleccionado para participar no PROXECTO ESCORNABOT NA BIBLIOTECA. Comeza unha nova aventura na nosa biblioteca.
Estade atentos...
Estade atentos...
![]() |
Etiquetas:
Curso 2016-17,
PROXECTO ESCORNABOT
martes, 18 de abril de 2017
SEMANA DO DÍA DO LIBRO
PARTICIPA NA NOSA SEMANA DO LIBRO
(24-28 DE ABRIL)
Ola Familias! Estamos a celebrar a nosa Semana do Libro.
Achégate e comparte con nós unha lectura ó "Aire Libre".
Recorda que o venres, 28 de abril, faremos o préstamo de libros.
Saúdos.
![]() |
| Recuncho de libros |
![]() |
| Hora de Ler |
RECORDA QUE PODES VER ESTAS E MOITAS ACTIVIDADES MÁIS NA WEB DO CENTRO:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvilarbarrio/
jueves, 9 de marzo de 2017
Día de San Valentín
martes, 7 de febrero de 2017
O ARTE DA PAZ
O pasado día 30 de xaneiro aproveitamos a celabración do Día da Paz, para reflexionar sobre qué é a PAZ. Seguro que todos nalgún momemto, nos preguntamos que significa a palabra PAZ. Senon é así, é o momento de facelo.É importante que reflexionemos que nós tamén podemos aportar o noso gran de area para construir a PAZ, respetándonos, axudándonos, colaborando xuntos, decindo unha palabra amable a quen temos cerca, …TRABALLEMOS TODOS OS DÍAS PARA CONSTRUIR A PAZ.
Visionamos un video titulado Un mismo sol para todos coa idea de falar sobre os Refuxiados e crear un debate cos nosos alumnos de Primaria. Despois, a nosas encargadas da Biblioteca léronnos un conto e, entre todos, creamos o noso Cartel sobre O ARTE DA PAZ: A semana anterior cada alumno preparou a súa obra imitando a pintores como Kandinski, Miró, ...Cada un fixo a súa versión a estilo libre, unha vez rematados todos os debuxos se meteron nunha caixa e cada neno foi sacando un que lle quedará de recordo. Pero antes deixáremolo na escola formando parte do noso Cartel de O arte e a PAZ.
Este é o resultado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






































