Feeds RSS
Feeds RSS

martes, 7 de febrero de 2017

O ARTE DA PAZ

O pasado día 30 de xaneiro aproveitamos a celabración do Día da Paz, para reflexionar sobre qué é a PAZ. Seguro que todos nalgún momemto, nos preguntamos que significa a palabra PAZ. Senon é así, é o momento de facelo.É  importante  que reflexionemos que nós tamén podemos aportar o noso gran de area para construir a PAZ, respetándonos, axudándonos, colaborando xuntos, decindo unha palabra amable a quen temos cerca, …TRABALLEMOS TODOS OS DÍAS PARA CONSTRUIR A PAZ.
Visionamos un video titulado  Un mismo sol para todos coa idea de falar sobre os Refuxiados e crear un debate cos nosos alumnos de Primaria.  Despois, a nosas encargadas da Biblioteca léronnos un conto e, entre todos, creamos o noso Cartel sobre O ARTE DA PAZ: A semana anterior cada alumno preparou a súa obra imitando a pintores como Kandinski, Miró, ...Cada un fixo a súa versión a estilo libre, unha vez rematados todos os debuxos se meteron nunha caixa e cada neno foi sacando un que lle quedará de recordo. Pero antes deixáremolo na escola formando parte do noso Cartel de O arte e a PAZ.
 Este é o resultado.

0 comentarios:

Publicar un comentario