Xoán Babarro naceu en Calvelo (Zorelle -
Maceda/Ourense). Estudou Maxisterio e é licenciado en Filosofía e Letras.Traballou moito pola introdución do galego na
escola, e mais pola recuperación e defensa da lingua galega en Asturias, onde
desenvolveu o labor docente ata 1971, data na que se trasladou a Galicia. É membro correspondente da Real Academia
Galega desde 2002. No 2008, foi nomeado socio de honra da Nova Escola Galega.
Está casado coa escritora Ana María Fernández.
Ana Mª Fernández naceu en Palma de Mallorca,
escritora recoñecida con premios literarios como, Premio Lazarillo de 2001. Xuntos, preparon os primeros libros de texto modernos para a aprendizaxe do galego.
Todos os pequenos puideron desfrutar da compañía da parella de escritores, escoitando algún poema.
As obras de ambos autores son
recoñecidas con premios como
-
1º
Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho, no 1974, por Zoca,
Zoqueira.
-
Gañadores
do Concurso Nacional de Teatro Infantil O Facho, no 1983, con Ana María
Fernández Martínez, por ¡Grande invento para saír do aburrimento!
-
..entre
outros.
Ademais, non perdemos a ocasión para facerlles unha entrevista na nosa Radio. A continuación podedes escoitala.
0 comentarios:
Publicar un comentario