Desde a biblioteca da araña Maraña, aproveitamos a celebración deste día para reafirmar a nosa escola como promotora da IGUALDADE.
Adicamos a nosa Hora de Ler a coñecer persoalidades femininas de diferentes épocas: desde Hipatia, a Marie Curie,... Maruxa Mallo... Intentando mostrar ó noso alumnado cómo as mulleres estiveron e están presentes en todos os ámbitos, no mundo do coñecemento e no mundo das artes.
Ademáis, visionamos un pequeno vídeo que explica porque se elixe esta data para celebrar este día e traballamos, conceptos como Sexismo, Feminismo e Igualdade.
Unha vez máis, empregamos os nosos escornabots para facer unhas dinámicas sobre este tema.
Así, o noso alumnado coñeceu por primeira vez nomes como: Anna Connelly, Dra. Maria Telkes, Stephanie Kwolek, Maria Beasely, Elizabeth Magie, Letitia Geer ata Ada Lovelace. Todas elas creadoras de produtos curiosos e importantes para a nosa sociedade.
Cunhas tarxetas e unha plantilla descubrimos a estas mulleres e os seus inxeniosos inventos.
Cos pequenos de primaria, tamén afianzamos o concepto de Igualdade no mundo das profesións.
0 comentarios:
Publicar un comentario