"Aprender
a pensar coa biblioteca escolar" é o lema
escollido para o cartel que se edita este curso 2017-18, para as bibliotecas
escolares de Galicia.
Todo o claustro de este cole entende que a biblioteca é un
recurso ACTIVO e RENOVADO que facilita a construción do coñecemento, recurso
IMPRESCINDIBLE para a formación do noso alumnado nunha sociedade da información
que demanda cidadáns dotados de destrezas para a consulta eficaz das distintas
fontes informativas e para a construción autónoma do coñecemento.
Día a día
intentamos que a nosa Biblioteca sexa un organismo
vivo, activo e con capacidade de mutación, incorporando as Tecnoloxías
Emerxentes, onde ten cabida o impreso e o dixital.
O obxectivo é aprender
a pensar a través dos contos, das lendas, dos libros de ficción, da prensa, da música, do cine, da programción, do diálogo, da convivencia…para todo elo, a nosa biblioteca
convértese nun espazo imprescindible no noso centro onde cada curso “acontecen máis cousas, ou polo menos mellores
cousas”.
0 comentarios:
Publicar un comentario