Feeds RSS
Feeds RSS

miércoles, 23 de octubre de 2013

XA CHEGAN OS CONTOS DE MEDO!!!




Ola, propóñovos unhas tarefas para celebrar este día de Halloween na biblio, estade atentos ao que vos vou contar:

Para 3º ciclo: se visitades o recuncho do misterio na biblioteca, atoparedes unha coleción de contos de medo ( colección do Baul dos Mostruos). Collede un en préstamo, ledeo e despois escribide a vosa versión do conto seguindo as instrucións que vos den os vosos profes.

Para o 2º ciclo: tedes que ser quen de escribir entre todos un conto de medo e misterio, cada un vai aportar un pouquiño á historia e, entre todos, seguro que nos sae algo terrorífico.

Para 1º ciclo: Ides a ser os ilustradores da historia de 2º ciclo. Irémovos pasando os textos para que nos fagades uns debuxos escalofriantes.



0 comentarios:

Publicar un comentario