O pasado 15 de setembro, a Araña Maraña convidounos á apertura da Biblioteca do noso cole.
Xuntos celebramos o Día Internacional do Punto, proposta artística e homenaxe á creatividade gracias ó conto de Peter H. Reynolds títulado EL PUNTO.
Unha vez escoitado o conto, pintamos o "noso punto" e cunha tablet e a aplicación QUIVER de Realidade Aumentada, o noso punto puido verse en tres dimensións, botar, multiplicarse, ....
O centro levou a cabo un pequeno proxecto do "Camiño de Santiago". Desde a Biblioteca e coa colaboración dos nosos alumnos, titor de 3º e 4º de primaria, elaboramos un xogo de mesa moi divertido.
A nosa mascota, a Araña Maraña, perdeu a cámara de fotos nun dos albergues polos que pasou da Vía da Prata. Grazas ás pistas que os alumnos van recollendo a través das casillas e dos códigos QR, descifrarán o nome do albergue onde se atopa a cámara.
Os alumnos participaron no deseño do taboleiro, pintado das casillas, das fichas cos seus avatares..
Éste é o resultado.
Semana da Prensa, Día da Árbore, Día da Muller, Día da Meteoroloxía, ...foron diferentes celebracións nas que participaron os nosos alumnos. Así se plasmou no noso Periódico Mural do mes de Marzo.