Feeds RSS
Feeds RSS

miércoles, 14 de noviembre de 2018

CAMBIO DE PÁXINA

NOS MUDAMOS!!
O NOSO BLOG CAMBIA DE DIRECCIÓN


PODES SEGUIRNOS NO SEGUINTE ENLACE:


lunes, 11 de junio de 2018

ESCAPE ROOM NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

O venres, 8 de xuño, o alumnado de maior idade do cole, tivo a ocasión de participar nunha actividade programada pola Biblioteca Municipal do Concello de Vilar de Barrio a través do Proxecto LER CONTA MOITO.
A actividade consistiu nun Escape Room, a través da cal o noso alumnado participou nunha serie de probas e acertixos sobre o libro de Alicia no país das marabillas. Literatura, tecnoloxía e moita intriga mexturáronse nesta actividade: A dinámica consistiu en liberar a Alicia dunha xaula a través da superación dunha serie de probas, escaneando códigos, interpretando e lendo mensaxes ocultos. A motivación e a cooperación estivo asegurada!!

















lunes, 28 de mayo de 2018

PEQUERRECHADAS

Ola! A continuación podesdes escoitar ós pequenos do cole:

PROGRAMA DE RADIO: SABÍAS QUE...

Ola amig@s! Desde a nosa Radio Escolar, temos en marcha unha serie de programas que iremos publicando ó longo destas semanas...Así que estade, moi atentos!

Hoxe, Noa e Antela estrean o programa SABÍAS QUE... contándonos algunhas curiosidades do cerebro. Despios dun traballo de investigación, este é o resultado:


lunes, 21 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

LETRAS GALEGAS 2018
Mª Victoria Moreno

Ó longo destas semanas, o alumnado do CEIP-P. Vilar de Barrio, estivo a coñecer a vida e obra de Mª Victoria Moreno. A continuación mostramos algúns dos nosos traballiños. Desexamos que vos gusten!






Tatiana e Alba, nos contan curiosidades da vida desta escritora. Pincha no seguinte podcast e poderás escoitalas!

Tamén os máis pequenos de primaria, nos leron algunhas das súas poesías:


Os pequenos do cole, o alumnado de Infantil, viron un vídeo feito polos nenos e nenas do colexio San Pío X de Ourense. Tamén resolveron actividades dun LIM na pizarra dixital e fixeron as actividades propostas na Unidade Didáctica feita polo CEIP-Xesús Luís Romero de Carballo, centro selecionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.









O alumnado de 1º,2º e 3º de primaria elaborou un cartaz co lema EN GALEGO MOLA, facendo nubes de palabras galegas que eles escolleron. Tamén desfrutaron  pintado unha caricatura da autora homenaxeada: Mª Victoria Moreno.








AS NOSAS LETRAS NA PRENSAOs maiores do cole estiveron a investigar a través da prensa a vida e obra de Mª Victoria. Ó longo destes días estiveron a revisar a información publicada nos xornais sobre a autora. E con toda esta información fixeron un cartaz. A continuación podedes ver o proceso e o resultado:







Ademais, fixeron a Unidade Didáctica proposta pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta en formato dixital. Para completala, axudáronse da lectura dos carteis expostos no corredor.



martes, 8 de mayo de 2018

ESCORNABOTS e ABN

Hoxe, o alumnado de 1º de primaria, tivo a oportunidade de estrear a nosa Casiña do 100. Esta táboa xunto cos escornabots ofrece moitas posibilidades de traballar a numeración e o cálculo mental, ademáis da orientación espacial. Todo elo, a través da proposta de diferentes retos.